Marvin Minsky

Marvin Lee Minsky naceu en New York en 1927. Fixo o servizo na mariña de Estados Unidos durante dous anos, e despois formouse en física, matemáticas e fisioloxía nas universidades de Harvard e Princeton. Tras esto estabeceuse no MIT (Massachusetts Institute of Technology) onde ocupou a plaza de profesor Toshiba dos medios de comunicación e as ciencias.
Minsky estableceu os fundamentos da intelixencia artificial, guiado polo seu soño visionario de dotar aos ordenadores coa capacidade do razoamento, pensaba que as máquinas podían pensar igual que as persoas. A súa definición de intelixencia artificial foi: "a ciencia de facer que as máquinas fagan cousas que requerirían intelixencia si as fixera un humano".
No seu libro "A sociedade da mente" defendeu que a intelixencia emerxe da acción de un conxunto de axentes autónomos, cada un estúpido en si mesmo: un axente ocúpase do equilibrio, outro do movemento, outro das comparacións, etc.
Minsky foi conselleiro na película "2001, Odisea no espacio" e tamén suxeriu a trama de "Jurassic Park", concebindo os dinosaurios como autónomas, aínda que ao final concebíronse como clons.

Comentarios