O centro de envellecemento saudable da Universidade de Copenhague desarrollou unha intelixencia artificial capaz de descubrir se teremos unha vida longa e saudable. Esto será posible grazas a unha mostra de sangue, como as das nosas analíticas habituais, e a recollida dunha serie de parámetros como a dieta, o exercicio, as exposicións ambientais...
O programa chámase Aging.AI e determina se a idade corporal dunha persoa corresponde coa súa idade real, ademais capta o risco de desarrollar enfermidades relacionadas co envellecemento. Non se pode saber aínda con exactitude a que idade chegaremos a vivir a través desta proba, pero sábese que a idade é o maior factor de risco en enfermidades como o cancro, a demencia ou afecciones cardiovasculares.
Unha das maiores vantaxes deste método é que se fai con unha simple e barata mostra de sangue, non coma outras probas similares que adoitan ser moi caras.

Comentarios
Publicar un comentario