Amor e IA

A Comunidade Zaragoza City AI celebra o foro 'Amor e Intelixencia Artificial' no que se darán a coñecer diferentes experiencias da man de expertos que darán a coñecer diferentes experiencias relacionadas co mundo das emocións.

Abordar a relación entre a Intelixencia Artificial e o mundo das emocións é o obxectivo deste primeiro evento da Comunidade Zaragoza City AI, que se celebrará o próximo día 24 de maio en CaixaForum Zaragoza baixo o lema "Amor e Intelixencia Artificial".
O evento, organizado por Everis, abordará da man de expertos si a Intelixencia Artificial pode cambiar a forma de amar. De feito, o amor e as emocións serán o eixe central sobre o que virarán todas as intervencións co fin de tratar temas concretos coma se as máquinas van ser capaces de amar ou si realmente a Intelixencia Artificial vai poder cambiar o mundo das emocións.
A comunidade Zaragoza City AI é unha iniciativa sen ánimo de lucro que ten por fin a creación dunha comunidade colaborativa dentro do ámbito da intelixencia Artificial. Forma parte da rede global city.ai, que organiza eventos en máis de 40 cidades de todo o mundo como Hong Kong, Parides, Londres ou Nova York. E, agora, tamén en Zaragoza.
Resultado de imagen de amor e inteligencia artificial

Comentarios